A Real Academia Galega de Ciencias renova a súa cúpula directiva

O Profesor Juan M. Lema Rodicio sucede no cargo de presidente a a Miguel Angel Ríos Fernández

| Santiago. Redacción | Seccións: CienciaSociedade
Compartir:
O novo presidente e membros da Xunta de Goberno elixida   Foto: RAGC

O novo presidente e membros da Xunta de Goberno elixida Foto: RAGC

A Real Academia Galega de Ciencias, composta actualmente por 33 académicos, ven de renovar a súa cúpula directiva elixindo, por unanimidade, a candidatura encabezada polo Profesor Juan M. Lema Rodicio, catedrático de Enxeñaría Química da USC. Lema Rodicio sucede no cargo a Miguel Angel Ríos Fernández que o ostentou durante os anteriores 5 anos. A nova Xunta de Goberno da RAGC tomará posesión o vindeiro 23 de xaneiro. O equipo directivo o conforman tamén as profesoras Alicia Estévez Toranzo e Pilar Bermejo Barrera ambas catedráticas da USC, como Vicepresidenta a Secretaria e os profesores Fernando Pérez González, Catedrático da Universidade de Vigo e Antón Alvarez Sousa Catedrático da Universidade da Coruña como vocais.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega de Ciencias, USC, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña