Vidal Romaní introduce a xeoloxía na Real Academia de Ciencias

O profesor ingresou onte na institución como membro

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Fonte: RAGC

Fonte: RAGC

O catedrático de Xeodinámica Externa da Universidade da Coruña e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, Juan Vidal Romaní é o novo membro da Real Academia Galega de Ciencias. O investigador lía onte o seu discurso de ingreso na institución, dedicado aos procesos que deron na configuración territorial do país co título A Xeoloxía de Galicia: Como armar un crebacabezas. Con esta entrada, a Xeoloxía volta estar representada ante a institución. O profesor foi adscrito á sección de Sección de Química e Xeoloxía.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Isidro Parga Pondal, Real Academia Galega de Ciencias, Universidade da Coruña