A Real Academia de Ciencias incorpora catro novos membros

Os novos numerarios, entre eles dúas mulleres, son os primeiros ingresos nunha década

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Logo de dez anos sen ampliar os seus membros, a Real Academia Galega de Ciencias anunciaba onte, na apertura do seu curso académico, o ingreso de catro novos numerarios. Angel Carracedo, Fernando Pérez, María José Alonso e Alicia Estévez serán os novos académicos da institución. Cobra especial importancia a entrada das dúas catedráticas de Farmacia (María José Alonso) e de Microbioloxía e Parasitoloxía (Alicia C. Estévez Toranzo) xa que serán as dúas únicas mulleres presentes na Academia.

As incorporacións de Carracedo, catedrático de Medicina Legal e Fernando Pérez, catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e das Comunicacións preséntanse tamén como parte do proceso de renovación da entidade que anunciara o presidente Miguel Ángel Ríos, que tomou posesión o pasado mes de decembro.

Na apertura do curso, os académicos lembraron a Ernesto Viéitez, presidente da institución durante máis de trinta anos que faleceu o pasado mes de setembro.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A medicina preventiva dos peixes

A medicina preventiva dos peixes

Conversamos con Alicia Estévez Toranzo, creadora de vacinas e ferramentas de diagnóstico de uso cotiá na acuicultura e último premio María Wonenburger

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, María José Alonso, Real Academia Galega de Ciencias, Medicina