A Academia Galega de Ciencias incorporará catro membros en 2017

Manuel Gallego Jorreto, Antón Álvarez Sousa, Arturo López Quintela e José Rivas serán os novos académicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

O compostelán Pazo de San Roque acollía onte a apertura do curso académico da Real Academia Galega de Ciencias(RAGC). Ademais de entregar os Premios de Investigación Ernesto Vieitez 2016, no evento o Académico Pedro Merino pronunciou a lección inaugural do novo curso académico co título “Materiais avanzados para a enxeñaría: Dos micro aos nanoestruturados” e repasáronse as actividades desta entidade ao longo de 2016. Como novidade, o presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, anunciou a catro incorporacións que a entidade prevé realizar este ano. Segundo revelou, o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, o sociólogo da UDC Antón Álvarez Sousa, o químico da USC especialista en nanomateriais Arturo López Quintela e o físico da USC José Rivas, especialista nos aspectos magnéticos dos nanomateriais, pasarán a ser membros da Academia ao longo dos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Álvarez Sousa, Manuel Gallego Jorreto, Manuel Gallego, USC...