O Consorcio Editorial abre o portal de venda directa Voando Libre

A distribuidora ofrece un variado catálogo de produtos culturais galegos

A distribuidora comercial de produtos culturais Consorcio Editorial Galego ven poñer en liña un novo recurso de venda ao por menor. A páxina Voandolibre.gal ofrece diversidade de oferta nun catálogo que vai desde libros, banda deseñada e discos ata roupa, complementos, papelaría, xogos, etc. O novo recurso de distribución ofrece así unha vía de saída comercial a produtos feitos e deseñados en Galicia por varias empresas de diversos sectores do sistema cultural galego, nunha lista de provedores de produto aglutinadora que deixa ver unha panorámica transversal da potencia do feito cultural a nivel empresarial. Aproveitando a campaña de Nadal o Consorcio, que traballaba habitualmente a través de puntos de venda físicos en librarías e tendas, entra no actividade comercial da venda directa ao público. O portal ofrece pasarela de pago anticipado e tamén compra contra reembolso e garante a entrega final do pedido nun prazo máximo de 10 días.

Ligazóns