Santiago acolle a presentación de “Lonxa cultural”, a primeira distribuidora musical galega

A cultura xa ten lonxa

11/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
“Lonxa cultural” é o nome da plataforma de distribución de produtos galegos que acaba de nacer. Ouvirmos, Xingra, Cartafol, Música de Salitre e Falcatruada son as empresas que fan parte desta iniciativa presentada no marco das Xornadas “Cara a unha industria musical galega” que organizou en Santiago a Consellaría de Cultura. Esta plataforma pretende a tanto a venta en liña creando a gran tenda da cultura galega (discos, libros, banda deseñada, camisetas), a dixitalización de gravacións, así potenciar a venda nas librarías e negocios próximos á venda de libros. Ademais, a “Lonxa” conta coa marca “Galician Sounds” para exportar produtos e conseguir puntos de escoita fóra de Galicia.

Máis información sobre as xornada sen El Correo Gallego, e en Galicia Hoxe, en Cultura e Deporte

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)