Galicia ascende un posto nos índices de lectura e sitúase penúltima do Estado

Penúltima páxina

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O 51% dos galegos son lectores de libros. Así o sinala o “Barómetro de Hábitos de lectura e compra de libros” realizado por Precisa Research para a Federación de Gremios de Editores de España entre o 2004 e o 2006. Malia a que Galicia segue lonxe da media estatal (nun 56%) subiu tres puntos na súa marca particular que lle permite pasar do último ao penúltimo posto. Á cabeza das comunidades que máis len figuran Madrid, Navarra, A Rioxa e Cataluña.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Federación de Gremios de Editores...