Unha campaña procurará incrementar a venda de produtos culturais galegos no Nadal

A Coruña será sede permanente do Cultur.gal que se celebrará anualmente en decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Unha campaña procurará incrementar a venda de produtos culturais galegos no Nadal

Mercar libros, discos e filmes galegos ten premio. A Consellaría de Cultura acaba de pór en marcha unha campaña promocional que regalará discos cunha compilación de música galega actual e cadernos de notas a quen compre produtos culturais galegos. A campaña “A cultura que facemos, escóllea no Nadal”, acompañada de anuncios publicitarios nos medios de comunicación, chegará a 300 librarías, quioscos e 70 tendas de discos de todo o país. Esta iniciativa pretende recoller o impulso levantado polo éxito do Cultur.gal, a feira das industrias culturais, cuxo consello asesor acaba de decidir que o encontro se celebre anualmente na Coruña. As 37.000 persoas que visitaron o recinto este ano impulsaron a decisión de que a cidade herculina fose a sede permanente.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O outro cultur.gal

O outro cultur.gal

A Coruña celebra esta fin de semana a festa das industrias culturais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, A Coruña, Medios de comunicación, Feira...