O Cultur.gal preséntase como o gran mercado da cultura galega en época de crise

Os asistentes poderán mercar os libros, discos e vídeos da industria cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A cultura plántalle cara á crise e presenta a segunda edición do Cultur.gal, a gran feira da creación galega. Un escaparate no que as empresas da edición, a música, o audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxías e os servizos culturais darán a coñecer os seus produtos e servizos tanto para profesionais como para a cidadanía. Do 4 ao 7 de decembro poderanse comprar os os produtos culturais galegos (libros, discos, vídeos…) así como asistir a mais dun cento de actividades entre proxeccións cinematográficas, presentacións, xornadas e obradoiros. Entre elas destaca tanto o Music.gal, espectáculo que terá lugar o día 6 de decembro e mestura no mesmo escenario música, poesía, arte e teatro; como o inicio da nova xira do Xabarín Club.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O outro cultur.gal

O outro cultur.gal

A Coruña celebra esta fin de semana a festa das industrias culturais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabarín Club, Espectáculo, Artes Escénicas, Feira...