Os editores presentan a feira de produtos culturais de Galicia a dous meses da súa apertura

Cultur.gal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Asociación Galega de Editores e as consellarías de Cultura, Industria e Educación presentaron Culturgal, a feira do libro e da industria cultural de Galicia que vai ter lugar entre o 10 e o 13 de maio en Pontevedra. O evento integrará nesta primeira edición ao sector da música e do audiovisual galegos. A feira vai ser patrocinada polas consellarías de Industria e Cultura, contando tamén co apoio e colaboración da Consellaría de Educación, mediante o patrocinio da visita e participación nas actividades da feira dos nenos dos centros educativos galegos. A feira pretende consolidarse como espazo de visualización e venda dos produtos culturais galegos e servir de encontro aos profesionais e axentes do sector cultural.

Máis información na AGE

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Educación, Feira do Libro, Consellaría de Educación...