Sepárase o histórico dúo musical Mini e Mero

Os fundadores de Fuxan os Ventos e A Quenlla apuntan diferenzas persoais como causa da decisión

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Fotografía do Facebook de Mini e Mero

Fotografía do Facebook de Mini e Mero

Logo de 46 anos de proxectos musicais conxuntos, o histórico dúo conformado por Xosé Luis Rivas, Mini e Baldomero Iglesias, Mero, sepárase. Segundo apunta hoxe Santiago Jaureguizar en El Progreso, as ruptura débese "diferenzas persoais" e a "un desencontro" entre os dous compoñentes do proxecto, sumados ao cansazo e á dificultade de atender a actividade musical por parte de Mini, inmerso na súa carreira política. Aínda que é agora cando se fai oficial o final da formación, o xornal lucense sitúa a separación hai máis dun ano. Os dous foron membros fundadores de formacións históricas da música galega como Fuxan os Ventos ou A Quenlla, e desenvolveron unha intensa carreira como dúo.

Que che parece esta nova?
223 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fuxan os ventos, Santiago Jaureguizar, Jaureguizar, Xosé Luis Rivas...