O Café-Pop Torgal de Ourense celebra o seu 15 aniversario como sala dedicada a actividade cultural e referencia na oferta musical continuada. Para celebrar a efeméride sairá a venda o vindeiro 17 de decembro un libro-disco conmemorativo editado polo propio Torgal en asociación co selo discográfico e editorial Mont Ventoux. Segundo eles afirman o libro, do que se editarán 500 exemplares, reúne case un centenar de fotos de artistas que pasaron polo Torgal, ademais de textos concibidos expresamente para a ocasión por xornalistas, escritores, artistas e amigos do local. Na parte sonora inclúese un triplo CD con cancións de case 50 músicos emblemáticos nacionais e internacionais que pasaron tamén pola sala nestes quince anos. A lista de artistas que contribúen dalgún xeito na publicación resulta reveladora do alcance da actividade desta asala de referencia: Damien Jurado, La Habitación Roja, Alondra Bentley, The New Raemon, Ricardo Lezón, Steve Wynn, Jad Fair, Dorian Wood, Tachenko, Os Amigos dos Músicos, Malandrómeda, Emilio José, Heather Woods Broderick, Nine Stories, Soledad Vélez, Manuel de Lorenzo, Juan Tallón, Julio de la Rosa, Marem Ladson, Maryland,