Nun momento no que son moitas as salas de concertos e espectáculos que están a pechar chega desde Vigo a boa nova dun local emblemático que celebra o seu décimo terceiro aniversario. A “cervexerÃa pop” La Casa de Arriba (MartinCodax, 23) leva desde o ano 1999 programando música en directo na cidade olÃvica. Polo local pasaron importantes músicos da escena independente e pop mesmo de nivel internacional e tamén foron moitas as bandas e artistas do paÃs que nos seus inicios levaron alà os seus directos como Eladio y los Seres Queridos, Trem Fantasma, La Familia ou Niño y Pistola, que alà mesmo asinaron o seu primeiro contrato discográfico como informa o webzine independente Desconcierto. Para celebrar o aniversario La Casa de Arriba programou case vinte de actuacións tanto nacionais como internacionais durante os meses de febreiro e marzo repartidos coa Sala Playmobil, do mesmo dono. Un programa difundido cun atÃpico cartel para un local de pop no que o deseñador gráfico e ilustrador Roberto Argüelles homenaxea a Isaac DÃaz Pardo cuns trazos semellantes a LuÃs Seoane. Argüelles ten no seu haber o Primeiro premio na Bienal de Caricatura de Ourense en 2002, primeiros premios en 2000 e 2002 do Salón do Cómic de Cangas e primeiro premio do Certame de Cómic de Arteixo.