La Fábrica de Chocolate Club presenta a súa primeira memoria visual

O libro recolle as mellores imaxes de artistas nacionais e internacionais que pasaron pola sala

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
La Fábrica de Chocolate Club presenta a súa primeira memoria visual

Setenta páxinas de imaxes tomadas por un dos mellores fotógrafos especializados en música, Janite Lafuente, enchen de música a primeira memoria visual de La Fábrica de Chocolate Club que se presenta este venres a medianoite. En só tres anos de vida a sala viguesa xa leva acollido numerosos concertos e polo seu escenario pasaron músicos e grupos dos mais valorados na escena nacional e internacional, xunto coas bandas galegas emerxentes. Artistas como Elliot Murphy, Marky Ramone,Deluxe,Sex Museum,The Posies ou Elodio y los Seres queridos entre outros moitos foron retratados en directo por Janite e agora parecen nas páxinas deste libro que se presentará e agasallará aos asistentes este venres á noite. Janite é o fotógrafo oficial do club e ten presentado numerosas exposicións co seu traballo gráfico arredor do mundo da música, coñecido tamén polas fotografías promocionais de grupos galegos, formou parte da cobertura gráfica do Festival de Benicássim.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O retratista da música

O retratista da música

Janite, fotógrafo especializado en conxuntos musicais, presenta o seu primeiro libro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Deluxe

Claves

Entidades
Conceptos