O vindeiro venres 15 de decembro a Sala Son de Cangas do Morrazo acollerá o concerto da formación La Yuca Funk, será o último programado que precede ao seu peche definitivo tras máis de 15 anos de actividade. A sala multidisciplinar quedou moi tocada economicamente tras do parón motivado polas restricións da pandemia, chegando a organizar un chamamento en forma de crowfunding en 2021 co que acadaron algo de axuda para seguir, pero agora xa está confirmado o seu peche o vindeiro dÃa 16 de decembro ofrecendo ese dÃa o espectáculo Quintana Dead Blues como parte do peche solemne. A súa baixa como establecme3nto cultural únese a de outros que foron pechando na comunidade estes anos, no seu caso a comarca do Morrazo vese prexudicada perdendo unha das súas salas de referencia que acadaba atraer xiras de artistas nacionais e internacionais ademais da propia escena musical galega, de todos os estilos musicais pero moi vencellada tradicionalmente ao rock. Sola Son programaba igualmente actuacións de todo tipo asà como exposicións e outros eventos culturais.
Abre un espazo na Coruña
Noutro estilo de oferta cultural, as boas novas chegan desde A Coruña, onde no barrio da Agra do Orzán, abre hoxe Galgo Azul, un espazo que ademais de librarÃa, tamén actuará como contedor cultural. Na Avenida da Gramela ven de crearse este establecemento, que engade aos contidos literarios a intención de ser dinamizador cultural. Para iso contará cunha zona anexa onde haberá diversas actividades para tódolos públicos. Comezando o 20 de decembro e ata o 5 de xaneiro haberá cunha programación de espectáculos diarios onde se celebrarán contacontos, obradoiros e presentacións.