A Xunta aproba o Plan Especial dos Peares

Esta ferramenta pioneira pretende protexer os valores patrimoniais e ambientais deste enclave

| Santiago. Redacción | Seccións: Paisaxe
Compartir:

Por vez primeira unha ferramenta única regulará o urbanismo do enclave dos Peares, unha poboación distribuída entre catro concellos e dúas provincias. O Consello da Xunta aprobaba onte o Plan Especial do Consorcio dos Peares, que pretende protexer os valores paisaxísticos e patrimoniais desta zona onde se atopan os ríos Sil, Miño e Búbal "así como poñer de relevo o seu carácter tradicional, cunha actuación respectuosa co ambiente onde priman as actuacións de rehabilitación do patrimonio construído, promovendo a súa mellora, conservación e rehabilitación das edificacións existentes". Deste xeito o texto "define as áreas de protección dos núcleos e as condicións de edificación
e rehabilitación para que se manteñan as características paisaxísticas, que son as que
lle confiren a súa singular idiosincrasia tradicional".

Logo da aprobación do texto que elaboraron a Consellería de Medio Ambiente, en colaboración co Consorcio Local dos Peares, comeza agora o período de información pública que se prolongará durante dous meses.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, Miño

Claves

Lugares