Seis festivais de música galegos piden estes dÃas apoio á través das redes para entrar na final dos European Festival Awards, os premios deste sector a escala internacional dentro das fronteiras da UE. Unha asociación de festivais e un sitio web especializado promoven estes galardóns desde 2009 e nos que, nesta edición, veñen de entrar a competir seis das citas musicais que teñen lugar en Galicia. Os premios decÃdense nun proceso no que actualmente están a tomar parte os internautas libremente pero de entre cuxos finalistas decidirá, a partires do 10 de decembro un panel de profesionais. Na historia deste premios só unha vez recaeu un nun festival español, o Primavera Sound en 2017 que foi elixido polos propios artistas.
Dous destes eventos da nosa terra, o Caudal Fest de Lugo e O Son do Camiño de Santiago levan a votación as que son as súas primeiras edicións este ano e optan os dous aos premios a Mellor Festival de tamaño Medio (entre 10.000 e 39.999 persoas por dÃa) e Mellor Novo Festival. Na categorÃa de tamaño medio tamén está o Resurrection Fest, cuxa asistencia non alcanza para ser considerado de maior tamaño segundo estes criterios. Con menos de 10.000 persoas por dÃa está a categorÃa de Mellor festival Pequeno, na que hai tres semifinalistas galegos tamén: o Portamérica, Sinsal Son Estrella Galicia e o WOS Festival SON Estrella Galicia. Este último tamén opta a ser escollido o Mellor Festival Cuberto.