A sexta edición dos Premios Fest, que recoñecen cada ano os diferentes méritos dos centos de festivais que se levan a cabo en España, entra xa na súa recta final previa a entrega dos galardóns. Catro festivais da nosa terra están na terna final de cinco das categorÃas nas que o eventos galegos acadaron as máximas puntuacións este ano. As máis recentes edicións de Resurrection Fest, Sinsal Son, O Son do Camiño e a edición inaugural do Atlantic Pride poden traer para a nosa terra uns galardóns moi disputados entre sector dos centos de festivais anuais. Outros quince eventos galegos non conseguiron os respaldos precisos para entrar neses podios. Os vencedores aÃnda non se coñecen pero xa están decididos tras un proceso de participación popular e dun xurado da industria musical do que se foron filtrando os finalistas de entre as 180 inscricións desta edición e na que se recibiron arredor de 50.000 votacións.
A edición de 2019 do Resurrection Fest de Viveiro e a do Festival Sinsal Son da illa de San Simón son os que conseguen máis postos finalistas con dous cada un deles. O Resurrection Fest volve a ser finalista en dúas categorÃas nas que xa trouxo o premio a casa anteriormente: é un dos tres festivais españois con posibilidade de gañar o Premio a Mellor Festival de Gran Formato, que xa acadou na edición de 2016, e o de Maior aportación turÃstica á rexión, que conseguiu o pasado ano. Tamén repite O Son do Camiño de Santiago nunha categorÃa xa gañada o pasado ano, a de Festival Revelación, na que é finalista de novo coa súa segunda edición deste 2019. O peculiar Festival Sinsal Son Estrella Galicia, da Illa de san Simón súbese ao podio en dúas categorÃas que teñen moito que ver cos valores e a sensibilidade social. Tanto os votos do público como os do xurado profesional consideraron que o Sinsal Son de 2019 é un dos tres mellores festivais españois (talvez o mellor) en canto a Sostibilidade e tamén dos que representan maior diversidade e igualdade de xénero. Nesta categorÃa o podio é maioritariamente galego grazas á entrada forte da primeira edición do festival Atlantic Pride da Coruña. Ademais diso algunhas das marcas patrocinadoras de eventos galegos tamén aparecen na terna do Premio á mellor activación de marca decidido exclusivamente por un xurado profesional, é o caso de Estrella Galicia e de Red Bull (O Son do Camiño). Os premios entregaranse nunha cerimonia que terá lugar o vindeiro mércores 30 de outubro as 20:00h na Alhóndiga Municipal de Bilbao.