O festival Sinsal é finalista en tres dos Premios Fest

SonRías Baixas, Morriña festival e Portamérica entran tamén na recta final destes galardóns estatais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Festival SINSAL

Festival SINSAL

Os festivais musicais galegos volven entrar un ano máis na recta final do Premios Fest, os galardóns de ámbito estatal dedicados a estes eventos que fan este ano a súa décima convocatoria. Catro citas galegas deste ano en curso están presentes en cinco das quince categorías competitivas desta edición entre os tres finalistas de cada unha delas. Así, o Sinsal Son Estrella Galicia da Illa de san Simón, parte como favorito a conseguir premios ao aspirar a tres dos galardóns que o sitúan como unha das apostas máis sostibles e anovadoras do panorama dos festivais: Innovación; "Sostenibilidad Medioambiental" e "Sostenibilidad Social". Son os tres premios nos que chega á final.

O Portámerica de Portas-Caldas, na súa edición deste ano, entra tamén na final do Premio de "Sostenibilidad Social". O Festival SonRías Baixas, de Bueu, foi un dos tres elixidos dentro da categoría de Festival de Pequeno Formato, compartindo final co festival Metrópoli e o madrileño Tomavistas. Pola súa banda o Morriña festival da Coruña acada un posto entre os tres finalistas do Premio ao festivald e Formato Medio. Esta décima edición dos galardóns ten como novidade que toda a selección de finalistas e gañadores lévase a cabo por un xurado de profesionais da industria musical, mentres que o público en xeral vota nunha categoría única que ten como resultado o premio do Público. O palmarés desvelarase o vindeiro 25 de outubro en Bilbao dentro da programación de Bime Live!

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, SonRías Baixas, Portamérica, Estrella Galicia...