Os festivais galegos son os máis sostibles de España

Sinsal e Portamérica acadan nos X Premios Fest os galardóns nas categorías de sostibilidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Festival Portamérica 2022

Festival Portamérica 2022

A décima edición dos Premios Fest, que recoñecen aos mellores festivais musicais do Estado do pasado ano en diferentes categorías, deu a coñecer onte o seu palmarés nunha gala en Bilbao. Dos catro festivais galegos que entraban na recta final de varias categorías foron finalmente o Sinsal Son Estrella Galicia e o Portamérica os que subiron a recoller cadanseu galardón. Nos dous casos a categoría que lles mereceu o recoñecemento por parte dun xurado de profesionais foi o seu valor de sostibilidade nas dúas categorías nas que foron premiados.

Así o Sinsal Son Estrella Galicia recibiu o Premio á Sostibilidade Medioambiental. Un recoñecemento ao labor intenso que a organización deste evento, que se celebra na Illa de San Simón, pon cada ano no relativo ao respecto ao espazo que o acolle. O galardón pon en valor tres eixos: pegada medioambiental; accións para reducir as emisións de carbono; reutilización e reciclaxe así como recollida selectiva de residuos. Pola súa banda o festival portamérica, que agora celébrase entre Caldas e Portas, recibiu o Premio pola súa Sostibilidade Social. Neste caso o xurado recoñeceu no evento as accións levadas a cabo no pasado ano no relativo a inclusión e integración social, igualdade de xénero e desenvolvemento cultural.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Portamérica, Estrella Galicia, Bilbao...