A novela O xardineiro dos ingleses, de Marcos S. Calveiro (VilagarcÃa de Arousa, 1968) resultou gañadora do Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente na categorÃa en lingua galega. Onte desvelouse o palmarés desta 24ª edición deste galardón que concede un xurado formado por estudantes de varios centros escolares de educación secundaria de Galicia, Gran Bretaña, Francia, Alemania, Portugal e Rusia. Na categorÃa de lingua castelá o premio foi para a obra La uruguaya, do escritor arxentino Pedro Mairal (B. Aires, 1970); como novela do eido internacional o premio recae este ano na obra La vegetariana, da escritora surcoreana Han Kang (Gwangju, 1970). Os tres galardoados teñen idades con pouca diferencia entre si, de entre os 47 e os 50 anos, casualidade inédita nas anteriores edicións deste certamee que que conforman o palmarés máis novo en conxunto ata o momento.
Na decisión desta XXIVª edición tomou parte alumnado do IES Neira Vilas de Oleiros (A Coruña), IES Sánchez Canton de Pontevedra, IES Xoan Montes de Lugo, IES Otero Pedrayo de Ourense, IES Antonio Fraguas de Santiago, Hockerill College de Londres, Saint Français Xavier de Vannes, Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen, Escola Secundaria de Santa Comba Dao, Colegio RosalÃa de Castro de Moscú y do propio IES RosalÃa de Castro de Santiago. O IES RosalÃa de Castro de Santiago é o centro fundador deste certame e anfitrión dos actos de pronunciamento e entrega.