Marcos Calveiro faise co premio XXIX García Barros de novela

A novela titúlase O xardineiro dos ingleses

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Marcos Calveiro deixou de escribir para rexentar un café en Vigo, pero aínda así, as novelas que deixou escritas antes da decisión continúan a ser protagonistas da actualidade literaria. Desta volta, o escritor fíxose co XXIX Premio García Barros de novela coa obra O xardineiro dos ingleses, unha historia ambientada na localidade natal do autor, Vilagarcía de Arousa, e nun dos seus espazos máis emblemáticos, o cemiterio naval británico. O premio ten unha dotación de 9.000 euros.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Calveiro, Vilagarcía de Arousa, Vigo