A vaga afortunada de Marcos S. Calveiro

O aurosán gaña o premio O barco de Vapor con O canto dos peixes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A vaga afortunada de Marcos S. Calveiro

Marcos Calveiro gañou onte o premio O Barco de Vapor que convoca a editorial SM coa novela xuvenil O canto dos peixes . O premio conta cunha dotación de 10.000 euros. O escritor aurosán escribiu O canto dos peixes, unha historia sobre o mar galego e a súa degradación, durante o 2007, simultaneando a súa redacción coa de O Carteiro de Badgad, a obra coa que gañou o Premio Ala Delta de Literatura Infantil o pasado ano. E antes do verán, o escritor publicou con Xerais Festina Lente, a súa primeira novela para adultos, moi valorada pola crítica. É unha vaga afortunada para este escritor e avogado. "Moi circunstancial", asegura. "Xa a xente me vacilou bastante. O venres escribín no meu blog que estaba pasando por unha seca literaria de seis meses que me tiña preocupado e xusto onte concedéronme este premio".

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Calveiro, Literatura

Claves

Protagonistas
Conceptos