Pepe Carballude consegue o Premio Barco de Vapor de literatura en galego

Zarpa o segundo barco

Non era a primeira vez que Pepe Carballude recibía o Premio Barco de Vapor de literatura en galego. Sen embargo estaba tan emocionado como a primeira vez (en 1990 con "O deus desaparecido") cando onte se enterou do fallo do xurado que lle outorgou o premio Barco de Vapor. Esta vez as fantasías do xacobeo de "De como o santo dos Croques se fai peregrino" lle concede unha obra que lle outorgou un premio dotado con seis mil euros (un millón de pesetas) e a publicación da obra a finais de ano. E non é o único galardón que se falla esta semana, xa que mañá se dará a coñecer o gañador dos premios Esquío de poesía para o que hai 18 finalistas.



O barco de Vapor



O escritor e profesor de latín do instituto Neira Vilas de Oleiros foi o gañador da actual edición do premio Barco de Vapor, na súa edición de literatura en galego. Co título "De como o santo dos Croques se fai peregrino" relata a resurrección do mestre Mateo con motivo do Ano Santo Compostelano en 1999. O Mestre volve a Galicia facendo o camiño de Santiago e atópase cunha terra moi distitna á que deixou (sendo o cambio da catedral, que deixa de ser románica, cando el fixo o Pórtico da Gloria e que hoxe é barroca).
Con este galardón, que consegue por segunda vez, Pepe Carballude conseguirá 6.000 euros (aproximadamente un millón de pesetas) e a publicación da súa obra para setembro.






Finalistas dos Esquío


Mentres continúan os actos da Semana Literaria previos ó acto de entrega dos premios Esquío, as entidades organizadoras a Fundación Caixa Galicia e a Sociedade de Cultura Valle-Inclán, deron a coñecer a lista dos 18 finalistas ó premio Esquío de poesía en lingua galega e lingua española. A lista de finalistas está formada por dez traballos en castelán e oito en galego, e teñen os seguinte s títulos: "La memoria es un hábitat", "Con un poco de gris", "Inventario de pérdidas (1999)", "Liturgia de la profnaación", "Si alguien no escribe un verso y otros poemas", "Las ondas de los bucles", "Lienzos de bruma", "La llama del brezo", "La casa de las cenizas" e "Conmemoración nuestra".
Por outra banda en galego, as obras finalistas son: "Para a desorde", "O longo día acaba", "O ben que amas", "Érguete", "Lámpada e medusa", "A lenta aprendizaxe das sereas", "Tangoul Mortii" e "Caderno primeiro de arrecendo salvaxe".
Uns títulos que foron elexidos dunha dura e forte criba xa que o número de obras presentadas este ano ascendía a 215.