Xoán Xosé Lago faise co Barco de Vapor e a Barrié ve recoñecido o mecenádego

Barco, Ateneo, Médicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xoán Xosé Lago Pereria fíxose coa edición 2001 do premio Barco de Vapor en Galego. Este premio está considerado coma un dos máis destacados no eido da narración infantil e xuvenil. Pola súa banda, a Real Academia de Mediciña de Galicia realizou onte unha homenaxe agradecendo á Fundación Barrié o seu mecenádego á investigación. E, seguindo con premios, a galega Blanca Riestra fíxose co premio Ateneo Joven coa obra "La canción de las cerezas".

Barco de Vapor


"Alén das estrelamares" é o título da novela con que Xoán Xosé Lago Pereira obtivo o premio Barco de Vapor de Literatura Infantil en Galego, dotado cun millón de pesetas. O acto de entrega realizouse onte, e nel o escritor sinalou os azos que este premio lle dá para continuar a súa carreira literaria. "Nacín de novo", comenta, "xa tiña decidido deixar a literatura ó non conseguir os resultados que agardaba".
A novela gañadora narra as aventuras dun centolo que deixa o criadoiro para coñecer o fondo do mar. Segundo o autor, a novela narra as aventuras do protagonita con "amor e sentimento" e pretende amosar que "a vida é un camiño de sorrisos e bágoas".



Homenaxe á Barrié

A Real Academia de Mediciña rendiu onte unha homenaxe á Fundación Barrié polo apoio que esta institución vén prestando á investigación desde 1971. Así, segundo a Academia de Mediciña, esta fundación ten patrocinado abondosas publicacións e se encargou de financiar o premio "Pedro Barrié de la Maza" que a Academia outorga anualmente.
No acto participou Carmela Arias, condesa de Fenosa que agradeceu o recoñecemento implícito que se fai ó seu marido con esta homenaxe.



Blanca Riestra


Unha coruñesa, Blanca Riestra, fíxose co premio XXXIII Premio Ateneo Joven que convoca o Ateneo de Sevilla. A obra premiada, "La canción de las cerezas", unha novela de aprendizaxe que se desenvolve no ambiente da emigración en París e que contén unha ampla carga de crítica social. A gañadora recibiu con este galardón dous millóns de pesetas e a publicación da súa obra.


Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blanca Riestra, Fundación Barrié, Literatura, Xoán Xosé Lago Pereira...

Claves

Conceptos
Lugares