Un total de 41 espectáculos, dos que a organización sinala que 12 son estreas en Galicia e 3 son estreas absolutas, fan parte do programa do 27 Festival Internacional Outono de Teatro que se presentaba onte. Do 28 de setembro ao 31 de outubro, o evento achegará a Carballo compañías de Galicia, Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco, Valencia, Arxentina, Guinea Ecuatorial e Suíza. Artellada arredor do triplo eixo da igualdade, o ocio e a incorporación da mocidade ao mundo do teatro, o evento programa varias obras sobre o mundo dos millenials. Como é habitual, a programación inclúe a sección alternativa OTNI, a vixésima xeira das Rúa dos Contos, o II Certame de Microteatro Metro Cadrado e o Fiotiño, orientado ao público máis cativo, ademais das xa habituais representacións na rúa, exposicións, sección de gastronomía e a escola do espectador. Como novidade, a organización anuncia unha programación especial para adolescentes, con actuacións escolares do dúo de Lucía Aldao e María Lado.
Nesta xeira, e segundo sinala o programa do evento, as estreas absolutas chegan da man de Tukumpás Teatro, que leva ás táboas A historia das flores, ademais de de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei que presentan Papar sen cancelas, Antón Coucheiro e o seu Camaré sonambulante, M+1 con Mi bici e Pan de Helena Salgueiro. En canto a estreas a nivel galego, as novidades chegan da man dos grupos madrileños Tristura Teatro e Future Lovers, de Ron Lalá e Crimen y telón, Pentación Espectáculos e Freda, Serena Producciones con Iphigenia en Vallecas, El tratamiento de La_Abducción e Buxman Producciones, El Pavón Teatro Kamikaze e o seu Un enemigo del pueblo, La Zona con Valentía, a coprodución La tristeza de los ogros de Théatre National de Wallonie-Bruxelles, Teatre Lliure e Teatros del Canal, os catalán Íntims Produccions e Wasted e os suízos Compagnia Baccalá e Pss Pss.