Arousa Norte e a Deputación da Coruña crean unha rede arqueolóxica de castros no Barbanza

Contará cun investimento de 500.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Ofrecer unha visión integral da Idade do Ferro a través de castros que contan historias complementarias entre si. Ese é o obxectivo do proxecto que onte presentaron os alcaldes de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo co departamento de turismo da Deputación da Coruña. O proxecto está destinado a crear capas de información turística e divulgativa a través dos numerosos castros excavados no Barbanza e complementar a oferta con novos puntos tamén de interese turístico nos que se realizarán intervencións científicas. O proxecto, destinado a fortalecer o turismo cultural e especialmente o do norte de Europa, contará cun investimento de 500.000 euros.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Castrexos fóra dos castros

Castrexos fóra dos castros

O arqueólogo Ángel Concheiro identifica en Riós (Ourense) un excepcional sitio arqueolóxico da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Barbanza, Turismo, Arousa...