A Mariña lucense terá un centro virtual interactivo de información turística

O proxecto implica un investimento de 240.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

O Consello da Xunta aprobou onte o proxecto de acordo polo que se autoriza a subscrición do convenio de colaboración entre Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Secretaría Xeral da Presidencia e o Concello de Foz para a realización do proxecto A Mariña Virtual. Ao abeiro deste acordo, a Administración autonómica achegará máis de 240.000 € para a posta en marcha desta iniciativa, que incluirá un centro integral de turismo da Mariña lucense, onde, a través dunha visualización tridimensional e interactiva, se presentará o territorio aos visitantes dunha maneira detallada e ordenada. Este centro estará localizado no edificio do Cenima (Centro de Interpretación da Mariña), no concello de Foz e permitirá achegar ao visitante todo o potencial deste territorio, interactuando con personaxes históricos, viaxando no tempo e na historia a través de tecnoloxías avanzadas de realidade aumentada, montaxes 3D,videogravación inmersiva e tamén a través de realidade virtual.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Foz, Montaxes, Turismo de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares