Primeiros pasos cara ao Espeleoparque da Mariña

Abarcará recursos subterráneos e xeolóxicos de Mondoñedo, Foz, Alfoz e Burela

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cova do rei Cintolo

Cova do rei Cintolo

As covas e áreas cársicas dos municipios da mariña lucense explotaranse dun xeito conxunto a través do proxecto Espeloeoparque da Mariña para favorecer as visitas educacionais, turismo científico espeleolóxico, visitas de investigación e visitas recreativas e deportivas a estes recursos do territorio. O xornal El Progreso recolle hoxe os primeiros pasos deste proxecto, nunha reunión levada a cabo entre o Grupo de Desenvolvemento Rural da Asociación Terras de Miranda, a Federación Galega de Espeleoloxía e alcaldes e técnicos de Mondoñedo, Foz, Burela e Alfoz. O primeiro correrá co financiamento do proxecto, con fondos Leader 2014-2020, da primeira fase para a creación do Espeleoparque da Mariña, que desenvolverá a Federación. Nesta primeira fase serán os recursos xeolóxicos e subterráneos dos mencionados concellos os que conformen o proxecto, entre as que están as covas Rei Cintolo e outras en Abadín ou ao pé do mar en Burela. Tamén contemplase a posibilidade de ampliar o alcance ata a Pontenova para incluír as galerías das antigas minas.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Foz, Burela, Mondoñedo, Turismo...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares