A compañÃa compostelá Redrum Teatro ultima os detalles para a estrea do seu novo espectáculo teatral, a comedia musical Contos do Recreo, de cara á estrea que terá lugar o 23 de setembro no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado do mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun gran contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo A Nena Que QuerÃa Navegar, pero desta vez dende o punto de vista da nena acosadora. Redrum considera que as nenas e nenos que exercen acoso son tamén vÃtimas xa que se trata de conductas de imitación e/ou autodefensa e trata con este espectáculo de concienciar sobre os seus efectos.
Contos do Recreo está protagonizado por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo baixo a dirección Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autorÃa compartida con Borja F. Caamaño. Segundo o argumento Alicia é unha rapaza que goza mofándose das súas compañeiras. No recreo previo ao examen máis importante do curso aparece nun lugar máxico habitado por Xacobe, a estrafalaria estatua que custodia a porta que coroa o lugar. Para poder saÃr de alà e chegar ao examen, Alicia terá que resolver os enigmas e superar as probas que se agochan tras a porta dos recreos pasados presentes e futuros.