Redrum Teatro estrea Roedores

A montaxe para público familiar conta tamén cun álbum ilustrado por Rodrigo Chao

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Redrum Teatro estrea Roedores

Logo de a presentar no Galicia Escena Pro, Redrum Teatro estreaba onte en Compostela Roedores, a súa última montaxe para público familiar. A proposta conta a historia do hamster Peludiño e da rata Munda que deben colaborar para vencer o gato Beche. Con esta historia, protagonizada por Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña baixo dirección de Alex Sampayo, a compañía propón unha fábula a prol da igualdade de xénero, de oportunidades, social e de dereitos. A obra está acompañada dun álbum ilustrado por Rodrigo Chao e mais dunha guía didáctica orientada a escolares de primaria. Logo da estrea a compañía ten previstos pases para escolares na comarca de Santiago, e o 30 de novembro ofertará unha función en Ourense.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Redrum Teatro, Alex Sampayo, Xénero...