O verán deixa unha vizosa colleita de autoedicións na BD galega

O encontro Autobán acolleu a presentación de novidades de autores como Cristián F. Caruncho, Yupiyeyo ou Brais Rodríguez

4/9/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
50 lecturas | Compartido 0 veces

Páxina de Dorotea de Cristian F. Caruncho

A se consolidar como punto de encontro dos creadores independentes do país, o festival Autobán, que se celebrou na Coruña este mes de agosto, acolleu a presentación de múltiplas iniciativas de autoedición. Entre os novos lanzamentos, destacan algúns como Dorotea último traballo de Cristian F. Caruncho no que o autor continúa a nos achegar a súa visión sobre o rural galego, desta volta cunha historia breve que destaca pola súa emotividade. Tamén Brais Rodríguez, baixo o selo Carne Líquida, acaba de publicar Reptil, unha BD experimental e muda en branco e negro na liña dos seus últimos traballos.
Yupiyeyo, pola súa banda, lanzou ¿Hay alguien ahí?, unha colección de historias curtas sobra a dificultade dunha moza lesbiana por atopar parella. Roberto M. Soler continúa a súa singradura con Cruel y estúpido e presentou a sexta entrega deste fanzine de humor irreverente e besta.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Entidades
Conceptos