O autor de banda deseñada coruñés Brais Rodríguez presentaba este 20 de decembro no Museo do Prado de Madrid La era de las imágenes desaparecidas. Este fanzine, nado dunha encarga da Área de debuxos e estampas do propio museo, ve a luz como unha coedición entre a editora Caylus Anticuario e o selo Carne Líquida, baixo o que Rodríguez autoedita os seus traballos.
Neste novo proxecto, que se presenta logo de dous anos preparado por mor da pandemia, Rodríguez continúa a liña das súas últimas publicacións a xogar coa técnica do colaxe para desenvolver narrativas achegadas á banda deseñada a partir de imaxes antigas.
Páxina de La era de las imágenes desaparecidas
Desta volta, xogou cos gravados do Álbum de estampas como modelos para el aprendizaje artístico, reunidas por Juan Clemente Brignardelli, do século XIX, para propor unha reflexión sobre o valor da imaxes na sociedade e os problemas que a súa desaparición supón. A partir das propias manchas e danos que presentan as estampas orixinais, Rodríguez imaxina a propia perda das imaxes polo paso do tempo, a manipulalas e distorsionalas. O fanzine pódese descargar de balde no web do Prado e está dispoñible tamén en formato físico.
O autor, veterano da autoedición galega de banda deseñada en proxectos como Barsowia ou Carne líquida e Premio Castelao de 2010, conseguiu ademais unha bolsa da Academia de España en Roma, onde ao longo de 2022 desenvolverá o seu proxecto StillLife. Desta volta serán os bodegóns os que protagonicen unha BD na que el correrá tamén co debuxo.