Cristián F. Caruncho presenta Grandarroiba, a súa primeira BD longa

Mariano Casas edita IES WE CAN e David Braña lanza Madeja

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cristián F. Caruncho presenta Grandarroiba, a súa primeira BD longa

Logo de anos de autoedición e de historias breves, Cristián F. Caruncho acaba de lanzar ao mercado o seu primeiro traballo longo no campo da banda deseñada. Grandarroiba, publicada por Demo Editorial, é unha historia de 56 páxinas que segue a biografía dun home que vive no fondo da montaña da parroquia do Couzadoiro, en Ortigueira. A evolución da personalidade do protagonista ao longo do tempo retrata tamén a situación do rural do país.

Pola súa banda, Mariano Casas, a continuar a súa traxectoria de autoedición, acaba de presentar IES WE CAN, un retrato humorístico da situación do ensino secundario e dos seus problemas no noso país.

Ao tempo, o guionista vigués David Braña anuncia para este 16 de decembro, e da man da editora Rocketman Project, o lanzamento de Madeja. Esta historia de suspense e fantasía no que unha muller tentar resolver as mortes do seu pai e do ex-marido, conta con 92 páxinas a cor debuxadas por Carlos Mercé.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariano Casas, David Braña, Banda deseñada, Demo...

Claves

Entidades