Mariano Casas presenta unha exposición en Redondela o seu álbum "Las historias de Mariano"

As historias de Mariano

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Aínda que xa é todo un veterano no campo da autoedición e leva xa anos a mover os seus traballos por todo tipo de eventos, Mariano Casas acaba de lanzar a que, sen dúbida, é a súa maior obra ata o momento. "Las historias de mariano" é un cómic book de cento doce páxinas no que se mesturan historias reais e inventadas, deseñadas todas elas por ordenador. A tirada foi de 800 exemplares que se poden adquirir nas librarías especializadas Kómic (Santiago), Paz (Pontevedra), Tótem (Lugo) e BD (Vigo). A galería Campo de Redes, de Redondela, serviu de presentación para este traballo e acolle, ata a fin deste mes, unha mostra con ilustracións do mesmo. Para a tarde do vinte e un de abril está prevista a celebración dunha mesa redonda no mesmo lugar sobre a situación da BD en Galicia, para a que xa está confirmada a presenza do autor, canda a Kiko da Silva e mais Marcos Paz.

Máis información sobre o autor nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariano Casas, Redondela, Kiko da Silva, Galería...

Claves

Entidades
Conceptos