Unha mostra de "Fiz nos Biosbardos" e unha mesa redonda completan os actos de presentación de "As historias de Mariano"

Redondela redonda

A galería Redes de Redondela continúa a acoller actos sobre a BD coincidindo coa presentación do álbum "As historias de Mariano", autopublicado por Mariano Casas. A mostra cos traballos deste autor que se pode ver neste local será substituída este venres por outra de orixinais de "Fiz nos Biosbardos" que se poderá ver durante un mes. O autor desta obra, Kiko da Silva, presentará esta obra na galería ás oito e media da tarde do vindeiro venres 21. Para dentro de quince días, o 5 de maio, está prevista a celebración dunha mesa redonda encol da situación da BD en Galicia. Antes desta data, o 28 de abril, este mesmo autor participará nun encontro con alumnos do colexio de Santa Comba que desenvolveron diferentes actividades nas aulas arredor deste personaxe.

Máis información no web de BD Banda e nos nosos arquivos