O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolleu o acto de presentación da programación completa da XXIXª edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA) que se celebrará no Carballiño entre o 22 e o 24 de agosto. A directora do evento, Josi Lage, amosou un programa centrado na presenza feminina cun 90% da programación composta por mulleres ademais o Premio FETEGA Dorotea Bárcena de honra desta edición será para a actriz, escenógrafa e directora Marta Pazos, da CompañÃa Voadora. O xurado do resto dos premios estará composto por VÃctor Dupla, MarÃa Vázquez e Morris. Nesta ocasión ao ser as obras teatrais todas protagonizadas exclusivamente por mulleres non haberá premio ao mellor actor, que pasa a un novo premio para os espectáculos de rúa. O programa terá lugar en tres localizacións: ao aire libre no anfiteatro, na casa da cultura e no auditorio. Nove espectáculos compoñen o programa desta edición, e completan cada unha das franxas horarias e espazos. Tres son espectáculos de rúa a cargo da compañÃa Barafunda; tres son espectáculos de novo circo (no anfiteatro) que farán as compañÃas Totum Revolution, Pista Catro e Duelirium; outros tres serán producións teatrais (no auditorio) entre as que está a multipremiada nos Premios MarÃa Casares Elis e Marcela de A PandarÃa, a obra Loló e mamá, portagonizada pola propia Josi Lage; e Chola a it girl da compañçÃa Artes Teatro. Todas as actividades serán de balde, agás as representacións nocturnas -no auditorio a un prezo de 10 euros. Ademais, haberá diferentes actividades paralelas, como a mesa redonda de actrices: "Pasado, presente e futuro das mulleres na escena galega". Lage tamén fixo mención á falta de apoio económico desde o AGADIC, que este ano non concedeu axuda ao festival, o único exclusivamente en galego. Un sentido minuto de silencio en recordo do actor Ernesto Chao, seguido dun forte aplauso precederon á presentación.