O Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega) fixo público o programa da súa 28ª edición, que do 5 ao 9 de setembro ofrecerá unha vintena de espectáculos e propostas formativas coa produción galega como protagonista, sinal de identidade desta cita coas artes escéncias desde 1989. A presentación da carteleira tivo lugar onte en Ourense coa participación dos representantes da organización, dalgunhas das compañÃas programadas e das entidades patrocinadoras e colaboradoras. A compañÃa Chévere, dentro da súa xira de trinta aniversario, abrirá esta edición coa súa obra Eroski ParaÃso, pola que obtivo catro Premios MarÃa Casares. Entre elese o de mellor espectáculo do ano 2016. O Auditorio Municipal e o anfiteatro exterior do Carballiño acollerán a meirande parte das citas desta 28ª edición, que tamén se estenderá ás rúas da localidade e á Casa da Cultura. O Auditorio acollerá do martes ao sábado os espectáculos Eroski ParaÃso(dÃa 5); A canción do elefante, de Redrum Teatro (dÃa 6); Dramaturxia das mulheres, de Inherente Teatro (dÃa 7); Impronews, de Triatreros (dÃa 8); e Afiando con humor, de Sergio Pazos (dÃa 9). Este último será, ademais, o encargado de conducir a gala de clausura e de entrega do premio Fetega, que desde este ano leva o nome da actriz Dorotea Bárcena na súa memoria, a Carlos Blanco o mesmo sábado.
No anfiteatro terán lugar as representacións de Welcome, de Duelirum (dÃa 5); Lila Star, de Vuletos de Rosca (dÃa 6); Escola de saltimbanquis, de Pistacatro (dÃa7); Nono, de Nono Productions (dÃa 8), e Contigüo, de CompañÃa IO (dÃa 9). Ademais, Barafunda e Pistacatro serán as formacións encargadas dos espectáculos que animarán as rúas do Carballiño durante todos os dÃas do festival. Como complemento deste programa de exhibición, o Fetega ofrece o sábado na Casa da Cultura a conferencia Teatro posdramático galego, a cargo de Afonso Becerra de Becerreá; ademais de organizar cadansúa clase maxistral sobre improvisación, impartida por Omar FerrÃn, e novas linguaxes escénicas, por Avelina Pérez.