O programa da 32ª edición do Festival de Teatro Galego "Celso Parada" (FETEGA) do Carballiño vai máis alá da anunciada estrea do Centro Dramático Galego de " Serva me Servabo te", que inaugurará esta edición. Nun formato acurtado, entre o domingo 5 e o martes 7 de setembro pasarán polos espazos da vila outros espectáculos e diferentes actividades como obradoiros e mesas redondas. A 32ª edición do Festival de Teatro Galego terá dous escenarios clave: o auditorio municipal, onde se presentarán as obras de teatro sempre a partir das 10.00 horas, e a Casa da Cultura, onde desde ás 19.00 horas o público poderá gozar dos monólogos.
A presente edición do FETEGA inclúe, como recoñecemento á profesión dos programadores, a entrega do premio de honra "Dorotea Bárcena 2021" a Marta Núñez, "por unha intensa actividade non só recoñecida pola súa labor á fronte do Auditorio Municipal de Vigo, senón tamén por xerar ideas que marcan tendencia e demostran a súa visión ampla nun dos postos máis descoñecidos polo público e de maior dificultade". Como actividades paralelas haberá teatro de rúa con Barafunda, que ao longo do festival presentará os espectáculos titulados "A rede social, Carballiño me gusta" e "O Mundo interactúa no Fetega". Na sala de exposicións do auditorio están programadas dúas mesas redondas que abordarán "A violencia de xénero escondida na arte", e "O amor versus a sexualidade: ferramentas de subxugación ao rol feminino". O FETEGA tamén programa obradoiros da man de Fernando Tato e Antón Coucheiro.
No relativo ao teatro de sala, espectáculos e monólogos, o luns 6 poderá verse "Bailar agora", de Marta Alonso Tejada, primeira montaxe de danza candidata dos Premios MarÃa Casares de Teatro este ano. A comedia "O premio" da compañÃa La Quintana Teatro sobre texto de Santiago Cortegoso e dirección de Marián Bañobre, chegará o martes 7 ao Auditorio da vila. No xénero dos monólogos estará o domingo na Casa da Cultura Malala Ricoy co seu "Sexo seguro seguro? seguro!" e o luns O Chuso de Catoira con "Un vikingo no Fetega", mentres que Marta Doviro actuará o martes 7 con "Memorias dunha rapasa da costa". A gala do martes 7 que pecha o festival cos premios "Dorotea Bárcena", estará conducida por Arantxa Treus, gañadora na edición anterior do premio á mellor monologuista. O xurado 2021 que avaliará as obras a concurso está composto por Luma Gómez, Eduardo Alonso e Miquel Insua. As mesas redondas arredor da muller serán de balde.