A familia López López, propietaria do arquivo do Pazo de Pardiñas (LalÃn) ven de doar este fondo documental ao Arquivo de Galicia, localizado na Cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, agradeceu hoxe a xenerosidade e altura de miras da familia e explicou que a decisión permite que este legado arquivÃstico inédito estea, de hoxe en adiante, a disposición do conxunto dos galegos e, con particular interese, dos investigadores. O arquivo familiar do Pazo de Pardiñas (Santa MarÃa de Noceda, LalÃn), que custodiará a partir de agora o Arquivo de Galicia, atesoura material que dá testemuño de cinco séculos de historia, determinantes para a comarca do Deza pero tamén para o conxunto de Galicia. Non en balde, este legado permite achegarse á historia socioeconómica da Comunidade nas épocas moderna e contemporánea, o que o dota dun indubidable valor cultural. Asà mesmo, o conxunto doado ofrece información relevante para coñecer a historia da familia pacega e a evolución do seu patrimonio. Concretamente, os documentos foron producidos polos diferentes membros da familia desde a orixe do pazo, no século XVI, ata 1942 e conforman un volume de 12 unidades de instalación. En xeral presentan un bo estado de conservación e están relacionados coa adquisición ou administración de propiedades (testamentos, árbores xenealóxicas, escrituras de compravenda e de doazón, memorias de bens, escrituras de partilla, apeos e prorrateos de bens, preitos...) tanto nas comarcas de Deza e Trasdeza como en terras do Ribeiro.