A familia do investigador José MarÃa Luengo, impulsor do Museo do Castro de San Antón, acaba de lle doar ao Concello da Coruña o arquivo e a biblioteca deste destacado arqueólogo. Os fondos, valorados en 60.000 euros, comprenden preto de dous mil volumes, asà como mobles antigos e apuntes e correspondencia do que foi responsable de escavacións no Castro de Elviña ou na propia Rúa Real herculina. Pola súa banda, os irmáns Vilariños Pinto doáronlle ao Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura 42 atados de propiedade familiar con documentos datados na súa maiorÃa nos séculos XIX e XX, e que dan conta da vida compostelá neste perÃodo e recollen mesmo detalles da posta en marcha do tren a Carril. Tamén MarÃa dolores Soler Yolif lle cedeu a esta mesma institución o arquivo do seu defunto home, Clemente González Peón. A doazón consta de de 165 atados que recollen médio século de exercicio profisional.