A Xunta financiará con 210.000 euros un libro sobre a Catedral de Santiago

Editarase co gallo do Xacobeo 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello da Xunta aprobou onte a sinatura dun convenio entre Turismo de Galicia e a catedral de Santiago por importe de 210.000 euros para a edición dun libro sobre o santuario. A obra, que se editará en dous volumes, "permitirá unha comprensión integral do templo, enriquecida polos descubrimentos e coñecemento xerados coa actual restauración". Segundo a Xunta, este proxecto é parte da programación do Xacobeo 21, e deberá estar finalizado para a celebración do vindeiro ano santo. No equipo do proxecto participarán "historiadores, historiadores da arte, arqueólogos, arquitectos ou restauradores, entre outros, e cuxos textos veranse potenciados pola reflexión compartida con outras disciplinas humanísticas e teolóxicas". O libro porase á venda, coeditado por Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago e aínda se descoñece se haberá edición dixital.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Catedral sonora

Catedral sonora

O Consorcio de Santiago e o Xacobeo recuperan a carraca da Catedral

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Turismo, Turismo de Galicia...