O Galeusca de Editoras reclama mais investimentos no sector do libro

O sector chama a desenvolver políticas coordinadas en defensa das linguas cooficiais

18/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"O apoio á cultura non é unha subvención senón un investimento". Este é un dos puntos das conclusións que o Galeusca de Editoras, que se celebrou na Coruña entre o 13 e o 15 de xuño, acaba de facer público. O encontro de empresas da edición reuniu representantes dos colectivos sectoriais de Galicia, Euskadi e Cataluña para abordar os retos deste ámbito. Entre as súas reivindicacións está un incremento nos investimentos públicos na industria editorial, o desenvolvemento de plans de lectura acordados co sector ou o incremento das propostas de internacionalización. Ademais, as entidades participantes comprometéronse en colaborar na "defensa das linguas nacionais" e apuntaron a necesidade de políticas conxuntas neste campo. O manifesto apela tamén a "corrixir as desigualdades de xénero que aínda existen" no ámbito editorial.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Lectura, Manifesto, Euskadi...