Remata o congreso de escritores Galeusca solicitando un trato igualitario para todas as literaturas peninsulares

Igualdade para as letras

Os escritores nas linguas cooficiais no Estado Español que se reuniron esta fin de semana en Ourense na edición 2004 do congreso Galeusca reclamaban onte, nas conclusións destas xornadas un trato igualitario para todas as linguas do Estado. Alén diso, os escritores celebran as iniciativas que o Instituto Cervantes anunciou neste sentido e reclaman un maior apoio das institucións locais. A proposta da corporación municipal da Coruña de facer cooficial o topónimo en castelán da cidade foi motivo de duras críticas dos participantes do encontro.

Máis información en La Voz de Galicia