A LIX protagoniza a XXX Edición de Galeusca

O encontro de escritores celébrase en Pontevedra do 23 ao 25 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A LIX protagoniza a XXX Edición de Galeusca

A literatura infanto-xuvenil: Perspectivas de futuro e adecuación a novos formatos é o lema que guía a XXX edición do Encontro da Federación Galeusca. Pontevedra acolle entre o 23 e o 25 deste mes esta xuntanza de escritores das linguas minorizadas do estado, que inclúe mesas redondas abertas ao público sobre narrativa, teatro ou poesía. Ademais, celebrarase a asemblea anual da Federación Convocante, que fará públicas as súas conclusións nun acto de clausura o vindeiro domingo.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Pontevedra, LIX, Narrativa...