Comeza en Girona o XXII Congreso Galeusca, que conta nesta ocasión con catorce autores galegos

Galeusca dous dous

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un ano máis, e xa van vinte e dous, o Congreso Galeusca reúne escritores das tres grandes linguas cooficiais do Estado. Nesta edición, catorce autores galegos desprázanse ata Xirona desde hoxe e ata o vindeiro día trece para participar nas diferentes mesas e coloquios que se artellan arredor do tema “Tradición e Disidencia”. Teresa Moure, Anxos Sumai, Rosa Aneiros ou Antía Otero, Xavier Seoane, Cesáreo S. Iglesias ou Marica Campo son algúns do nosos representantes, que acoden convocados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito