O foro Galeusca de Editores comeza hoxe na Illa de San Simón

O libro e a lectura centran este encontro ata o vindeiro domingo

8/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Editores de Galicia, Euskadi e Cataluña reúnense desde esta tarde e ata o vindeiro domingo na Illa de San Simón no Foro Galeusca de Editores 2011. O encontro céntrase desta volta no Libro e na Lectura, e ao longo do evento presentaranse diferentes propostas de dinamización lectora chegadas desde o sector público, as editoriais, o tecido social ou por entidades alleas ao sector en catro paneis. Cos resultados destes coloquios os editores pretenden elaborar unha serie de conclusións que recollan a experiencia. De xeito paralelo celebraranse encontros entre os responsables de empresas do sector.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, San Simón, Illa de San Simón, Lectura...