A Coruña acolle o Galeusca de editoras

O encontro bienal celébrase os días 14 e 15 de xuño na Fundación Seoane

4/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Representantes de editoras galegas, catalás e vascas reúnense os vindeiros 15 e 16 de xuño na Coruña no Galeusca. Este encontro que se celebra de xeito bienal fará un repaso do Panorama da edición nas linguas dos territorios Galeusca. Ademais abordaranse cuestións como a posibilidade de políticas proactivas para o sector, o potencial dos plans de lectura ou a internacionalización do sector editorial desde estes territorios. Haberá tamén un encontro e unha exposición sobre o proceso de construción da igualdade nesta industria. A Fundación Seoane acollerá as xornadas, que organiza a Asociación Galega de Editores e conta coa colaboración da Concello da Coruña, da Xunta e da Fundación Luís Seoane.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Fundación Seoane, Luís Seoane, Editores...