O MARCO, o CGAC e agora tamén a Fundación Seoane. O recorte xeneralizado a infraestruturas culturais chega tamén á Fundacion Seoane que contará no 2012 con 112.000 euros menos. Tanto a Xunta como o concello da Coruña reduciron a súa participación. A Xunta pasou dos 100.000 euros que estableceu o Bipartito a 40.000 a través de Agadic, metres que o concello reducÃu dos 700.000 euros iniciais ata os 360.480 euros do ano pasado, chegando aos 250.000 nesta edición. Esta entidade encárgase de difundir o legado do ilustrador, pensador e intelectual LuÃs Seoane, unha das grandes figuras da cultura galega do século XX.