A Xunta subvencionará un audiovisual sobre o Camiño por 1,5 millóns de euros

Poderá ser longametraxe ou serie de televisión

15/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Consello da Xunta aprobou onte as bases dunhas subvencións para o desenvolvemento dunha produción audiovisual ben en forma de longametraxe cun mínimo de 90 minutos, ben en forma de serie de televisión de cando menos 6 capítulos. O produto ten que ser "atemporal" e o Camiño de Santiago "debe ser un elemento importante pero non necesariamente principal". A produción poderá ser subvencionada ata con 1,5 millóns de euros (que non deben ser máis do 30% do custo total do produto). Será seleccionada a partir dos cinco proxectos resultantes dun concurso de ideas previo convocado pola Xunta, e que tamén contarán con financiamento para o desenvolvemento das ideas.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago

Claves